Agax reforma a súa web03/06/2009![]() A Asociación Galega de Xadrecistas reformou a súa web, introducindo novas galerías de fotos e como fase previa á implantación de mais actividades por internet. agax.org e agax.net levarán aos mesmos espazos pero en servers distintos. Ler máis |
Xogando co Xadrez20/05/2009![]() Xogando co Xadrez é o nome do programa de AGAX para o fomento do xadrez nos centros de ensino, fora das actividades extraescolares. Neste 2009, o vindeiro sábado 23 de maio realizarán dous torneos nos que están invitados a participar todos aqueles que estean cursando entre 3º e 6º de Primaria. Realizaranse dous torneos e logo unha fase final entre os mellores de cada torneo. Tódolos asistentes terán como agasallo un pequeno pin da entidade, e ademais se acadan un bo posto terán trofeos. Entre todos os participantes realizaremos o sorteo dunha Nintendo DS. Ler máis |
O equipo de Informática gaña a Liga de Primavera 200918/05/2009![]() O equipo de Informática de Xadrez gañou a Liga de Primavera nesta edición de 2009. A base do equipo que logrou o ascenso a primeira división na última campaña logrou a victoria nun torneo moi concorrido no que a segunda praza foi para o Sigrás, grazas á súa victoria na última xornada contra o equipo vencedor. Gillan foi o terceiro equipo. Ler máis |
Liga de Primavera de Xadrez.13/05/2009Data: 16 de maio. Ler máis |
Día da Ciencia na Rúa11/05/2009![]() Un ano mais a actividade do Día da Ciencia na Rúa foi todo un éxito. Por cuarto ano consecutivo participou nas actividades de AGAX, o Mestre Internacional Wilson Palencia, que a pesar de estar aínda sanado da gripe xogou varias partidas cos afeizoados presentes e fixo unhas simultáneas á cega. Ler máis |
Día da Ciencia na Rúa07/05/2009![]() O sábado 9 de maio celébrase o XIV Día da Ciencia na Rúa organizado pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias. Como dende o primeiro ano a Asociación Galega de Xadrecistas (AGAX) colabora na actividade, igial que o Club Ludo que tamén ven colaborando dende hai uns anos. Ler máis |
Adolfo de la Peña e Paco Leal campions este fin de semana04/05/2009![]() Francisco Leal gañou o Torneo Beltaine - Aniversario do CIDU. Páxina do CIDU - xadrez universitario Adolfo de la Peña gañou pola súa parte un disputado Torneo de Primavera - XX Aniversario de Palaestra. Fran Pedreira, campión do ano pasado, obtivo a cuarta praza sendo o mellor sub 16, mentres que o campión coruñés sub 12 rematou no posto oitavo, por diante doutros xogadores con moita experiencia. Ler máis |
Torneos de Aniversarios30/04/2009Este fin de semana coinciden os dous torneos de Aniversario que organizan o Club de Iniciativas Deportivas Universitarias (CIDU) na tarde do día 30 de abril e o que celebra a Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra o día 2. Ler máis |
Presentado o libro "Xadreces"24/04/2009![]() Florencio González presentou ontes coincidindo co Día do Libro e o aniversario de Asencudega o libro "Xadreces" editado pola Asociación Galega de Xadrecistas co apoio da Deputación da Coruña. Ler máis |
Xadrez no Día da Sagrada Familia na Grande Obra27/03/2009Aproveitando esta última xornada da Liga Galega de Xadrez, Palaestra e CIDU celebran no Colexio Grande Obra as actividades de Xadrez da festa da Sagrada Familia, este sábado día 28. Ler máis |